Todos os servizos de Google á túa disposición

Inicia sesión na túa Conta de Google e tira o máximo proveito de todos os servizos de Google que utilices. Coa túa conta podes facer máis cousas, xa que se personaliza a experiencia de Google e se ofrece un acceso fácil á información máis importante desde calquera lugar.

Axúdate

Cando tes a sesión iniciada, todos os servizos de Google que utilizas traballan xuntos e de modo continuo para ofrecer axuda nas tarefas diarias. Así, por exemplo, a túa conta de Gmail sincronízase con Google Calendar e con Google Maps para garantir que sempre esteas ao tanto da túa axenda.

Para ti

Independentemente do dispositivo ou do servizo de Google que utilices, a túa conta ofréceche unha experiencia homoxénea que podes personalizar e xestionar en calquera momento.

Protéxete

A túa Conta de Google está protexida por funcións de seguranza líderes no sector que che axudan automaticamente a detectar e bloquear ameazas antes de que che afecten.

Á túa disposición

Á túa disposición

Os servizos de Google, desde Chrome ata YouTube, funcionan mellor e axúdanche a facer máis cousas se tes a sesión iniciada. Coa túa conta podes acceder en calquera lugar e desde calquera dispositivo a numerosas funcións útiles, como o autocompletado, as recomendacións personalizadas e moito máis.

Só para ti

Só para ti

Coa túa Conta de Google, todos os servizos que utilizas personalízanse de acordo coas túas preferencias. Tan só tes que iniciar sesión na túa conta para acceder ás túas preferencias e aos controis de personalización e privacidade desde calquera dispositivo.

Protección da privacidade e da seguranza da túa información

Protección da privacidade e da seguranza da túa información

Agora é máis importante que nunca protexer toda a información da túa Conta de Google. En consecuencia, integramos ferramentas e métodos de protección avanzados, como a función Revisión de seguranza e o xestor de contrasinais de Google, en todas as contas.

A túa experiencia de Google empeza aquí